Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Pipistrellus pygmaeus

Nome científico

Pipistrellus pygmaeus

Nome común

Morcego de Cabrera


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Pipistrellus


Visita o atlas de distribución

Descrición

É o morcego máis pequeno da nosa fauna [só dispoñemos de información biométrica dunha femia de peso 3,3 g e lonxitude antebrazo 28,3 mm]. De cor parda escura, as súas orellas e rostro son máis escuros có resto da pelaxe. Só é posible confundir esta especie con outros Pipistrellus, dos que se pode diferenciar por caracteres dentarios, aínda que ás veces estes caracteres son difíciles de observar.

Distribución

A súa distribución coñecida en Galicia limítase á bacía alta e media dos ríos Miño e Lor, curso medio do Támoga e curso baixo do Landro. Non parece estar presente noutras comarcas ben prospetadas de Galicia, como as bacías do Eume e o Navia.

Refuxio

Atopouse unha colonia de cría nunha caixa-refuxio na Terra Chá e observáronse exemplares entrando nun refuxio de pesca ó amencer.

Hábitat

Só foi citada no entorno de cursos fluviais con bosque de ribeira.

Ecolocación

Chamada de ecolocación con gritos sociais (time expansion x10)


Os pulsos de ecolocación caracterízanse por amosar unha fase inicial FM decrecente que continúa nunha larga fase FC, na que se sitúa a Fmax. Ésta oscila entre os 53-60 KHz. Os pulsos de ecolocación son importantes para diferenciar esta especie de P. pipistrellus, que emite nun espectro de frecuencias máis baixo (Fmax 44-52 KHz). Para evitar falsas identificacións mediante análise de ultrasóns é recomendable analizar os voos de canto dos machos e non facer asignacións específicas entre 52-54 KHz.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org