Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Plecotus austriacus (Foto de Roberto Hermida)
  • Plecotus austriacus

Nome científico

Plecotus austriacus

Nome común

Orelludo gris


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Plecotus


Visita o atlas de distribución

Descrición

Especie de tamaño mediano [♂♂: peso 8,0 (7,3-9,0) g; lonxitude antebrazo 39,4 (38,1-40,7) mm / ♀♀: peso 8,8 (7,5-10,8) g; lonxitude antebrazo 40,5 (36,9-42,3) mm]. Os Plecotus son inconfundibles con morcegos doutros xéneros, aínda que poden confundirse sinxelamente entre si. P. austriacus diferenciase de P. auritus por presentar un pulgar máis curto (< 6,5 mm) e pola forma do pene, en forma de maza e rematada nun engrosamento, mentres en P. auritus é cilíndrica e rematada en punta. Presenta unha cor xeral máis grisácea, especialmente no rostro, orellas e trago.

Distribución

Especie frecuente na meirande parte de Galicia, aínda que prácticamente no hai rexistros por riba dos 600 msnm. Non está citada en moitas cuadrículas por falta de prospeción

Refuxio

Atopáronse colonias de cría en diferentes tipos de construcións.

Hábitat

Ocupa casi calquera hábitat con arborado, tanto caducifolio, como coníferas ou bosques mixtos. Caza insectos pousados grazas á elevada capacidade auditiva que lle proporcionan as súas orellas, polo que non é raro que entre en galpóns e establos de animais.

Ecolocación

É difícil detectar Plecotus polas súas emisións ultrasónicas, dado que emiten con moi pouca intensidade e frecuentemente deixan de emitir durante a aproximación ás presas. Os pulsos característicos, claramente modulados e de curta duración, presentan un marcado segundo harmónico que amplía o ancho de banda do pulso, que abarca desde 90-20 KHz. Aínda que se indicaron algúns rasgos distintivos dos pulsos de P. auritus y P. austriacus, na práctica non é posible realizar unha asignación específica das grabacións realizadas na natureza.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org