No Atlas de Morcegos de Galicia exponse información fiable e actualizada sobre a distribución dos morcegos en Galicia. A meirande parte da información é de autoría propia, pero exponse tamén a información recollida no Atlas y Libro Rojo de los Murciélagos de España (Palomo et al, 2007) así como información facilitada por outros autores.
Cando no ano 2007 comezamos co traballo específico para o AMG dispúñase de escasa información para as 18 especies de morcegos citadas ata entón. Na actualidade, son xa 24 as especies citadas en Galicia, e aínda que, para algunhas, a información dispoñible segue a ser escasa, noutras realizáronse grandes avances no coñecemento da súa distribución e ecoloxía. O AMG é un proxecto vivo; a súa información actualizase anualmente, amosándose unha ferramenta indispensable para outros proxectos de investigación, impacto ambiental, etc.
Xunta de Galicia (2007-2009), a cargo das convocatorias de axudas para entidades sen ánimo de lucro.
A actual páxina web de Morcegos de Galicia foi financiada íntegramente pola Fundación Barrié.
Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. financiou a campaña 2013.
Coa colaboración de