Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio FormaciónPrácticas

Prácticas de campo e traballos académicos

Prácticas

  • Familiarizándose coas especies de morcegos
  • Practicando radioseguemento
  • Aprendendo a manipular morcegos
  • Aprendendo sobre outros grupos faunísticos
  • Aprendendo a identificar morcegos
  • Aprendendo a tomar datos biométricos
  • Aprendendo sobre outros grupos faunísticos
  • Preparando o campamento base

Morcegos de Galicia acepta estudantes en prácticas case todos os anos. Como estudante en prácticas poderás participar nos proxectos que estamos a desenvolver sobre os morcegos de Galicia, aprendendo diferentes técnicas de estudo, afondando no coñecemento da sistemática e ecoloxía do grupo e colaborando na súa conservación.

Se desexas realizar prácticas en proxectos de morcegos, ponte en contacto con nós.




Traballos académicos

Estamos abertos á realización de traballos académicos, como TFG, TFM, etc.
Ata o de agora realizáronse tres TFM baixo a codirección de Morcegos de Galicia:

  • Estudio del uso del hábitat por Myotis bechsteinii en los montes do Morrazo (UPM)
  • Aplicación de la custodia del territorio a la conservación de murciélagos en construcciones (USC).
  • Estudo acústico da actividade de morcegos nas insuas do Miño (USC).

Se queres realizar un traballo académico sobre os morcegos, ponte en contacto con nós.

Becas Pérez Lafuente (pechado)

En 2014 Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. e Morcegos de Galicia chegamos a un acordo para a convocatoria de becas de prácticas en bioloxía da conservación para estudantes e profesionais do eido ambiental que querían adquirir experiencia no traballo de campo con especies ameazadas. As prácticas estiveron centradas na obtención de datos sobre a presencia de especies e de información sobre a ecoloxía da poboación, relevante para a súa conservación.

As prácticas consistiron en estancias de 15 días ou un mes, nos meses de xuño a agosto, co equipo de Morcegos de Galicia.

Os participantes aprenderon a:
- Utilizar as técnicas básicas para a realización de inventarios de morcegos
- Identificar as diferentes especies de morcegos utilizando caracteres morfolóxicos
- Identificar as diferentes especies de morcegos a partir de rexistros acústicos
- Tomar datos biométricos e fisiolóxicos que aporten información útil sobre a ecoloxía da poboación

Conservas Antonio Pérez Lafuente facilitou o importe preciso para que as persoas en prácticas puidesen desenvolver a súa formación sen coste algún.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org