Morcego de pequeno tamaño [ ♂♂: peso 5,1 (4,4-5,9) g, lonxitude antebrazo 36,8 (35,2-36,8) mm / ♀♀: peso 6,4 (4,5-8,7) g, lonxitud antebrazo 38,1 (35,7-40,7) mm]. Especie inconfundible debido ó tamaño claramente máis pequeno que o dos seus conxéneres. Durante a hibernación adoita pendurar totalmente envolto na membrana alar.
Morcego común e ben distribuido por toda Galicia, aínda que parece máis escaso nas comarcas da Terra Chá, Ordes, Bergantiños e Terra da Soneira.
Considerase un especialista da caza aérea en ambientes forestais, dado que amosan unha gran capacidade de manobra en voo. Está moi vencellado ás masas de arborado sen importarlle, aparentemente, o tipo de especies que as constitúan, sendo abundante en localidades cunha gran presencia de cultivo de eucalipto.
En Galicia únicamente detectamos colonias de cría en construccións humanas. Porén, no inverno aparece tanto en cavidades como en refuxios de carácter antropófilo.
Os seus pulsos teñen unha compoñente principal FC situada entre 107-110 Khz.
Coa colaboración de