Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
  • Myotis daubentonii
  • Myotis daubentonii

Nome científico

Myotis daubentonii

Nome común

Morcego do río


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de pequeno tamaño [♂♂: peso 6,6 (5,1-8,7) g; lonxitude antebrazo 35,7 (33,6-38,3) mm / ♀♀: peso 8,0 (6,1-11,2) g; lonxitude antebrazo 37,1 (31,2-40,7) mm]. A súa cabeza ten aspecto redondeado, con orellas e fociño curtos. É característico o seu gran pé (lonxitude superior á da metade da tibia) libre de inserción do uropataxio (a inserción prodúcese por riba do nocello). O morfotipo M.d.nathalinae amosa unha cor máis escura e uniforme, e un menor tamaño (polo xeral, a lonxitude do antebrazo de M.d.nathalinae sitúase entre 34,7-35,2 mm, mentras en M.d.daubentonii sitúase entre 36,5- 37,6 mm). A forma nathalinae podería confundirse con M. mystacinus, do que se diferencia polo menor tamaño do pé neste último e pola inserción do uropataxio.

Distribución

Especie abundante e frecuente en todo o territorio. Ambos morfotipos conviven na maior parte de Galicia, aínda que a abundancia relativa de cada un é diferente.

Refuxio

Emprega unha gran diversidade de refuxios. Detectáronse colonias de cría en casas, pontes, cavidades e árbores. Machos e exemplares hibernantes, sós ou en pequenos grupos, observáronse en ocos de construccións e cavidades.

Hábitat

Especie íntimamente vencellada a cursos de auga, nos que pode observarse o seu característico voo de caza, moi perto da superficie en augas remansadas.

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes ós doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) de amplo espectro (70-30 Khz) e curta duración. Non obstante, os pulsos que emite cando caza sobre a superficie da auga teñen unha morfoloxía carcaterística no sonograma e habitualmente obsérvase, tamén, o reflexo da chamada na superficie da auga.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org