Morcego moi pequeno [♂♂: peso 4,0 (3,1-5,0) g; lonxitude antebrazo 30,4 (27,0-32,4) mm / ♀♀: peso 4,7 (3,5-7,1) g; lonxitude antebrazo 31,1 (29,1-35,3) mm]. De cor parda escura, as súas orellas e rostro son máis escuros có resto da pelaxe. Só é posible confundir esta especie con outros Pipistrellus, dos que se pode diferenciar por caracteres dentarios, aínda que ás veces estes caracteres son difíciles de observar.
É, con diferencia, a especie máis extendida polo territorio. A falta de prospeción é a causa de que non estea citada nalgunhas cuadrículas.
Ocupa un amplo espectro de refuxios, sendo habitual en edificacións, nas que as agrupacións adoitan situarse en espazos baixo as tellas ou lousas de casas, palleiras e hórreos. No inverno aparecen en calquera tipo de fenda ou cavidade.
É o morcego máis xeralista da nosa fauna. Aparece en calquera tipo de medio, desde a beira do mar ata os 1500 msnm, desde cidades ata bosques caducifolios ben conservados. Adoita ser a especie que se observa revoloteando ao redor das farolas.
Os pulsos de ecolocación caracterízanse por amosar unha fase inicial FM decrecente que continúa nunha larga fase FC, na que se sitúa a Fmax. Ésta oscila entre os 44-52 KHz. Os pulsos de ecolocación son importantes para diferenciar esta especie de P. pygmaeus, que emite nun espectro de frecuencias máis elevado (Fmax 53-60 KHz). Para evitar falsas identificacións mediante análise de ultrasóns é recomendable analizar os voos de canto dos machos e non facer asignacións específicas entre 52-54 KHz.
Coa colaboración de