Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
  • Nyctalus leisleri (Foto de Roberto Hermida)
  • Nyctalus leisleri (Foto de Simon Rial)

Nome científico

Nyctalus leisleri

Nome común

Nóctulo pequeno


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Nyctalus


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de mediano tamaño [♂♂: peso 14,6 (12,0-16,8) g; lonxitude antebrazo 42,9 (42,0- 44,7) mm / ♀♀: peso 16,9 (12,5-23,4) g; lonxitude antebrazo 43,3 (41,1-45,2) mm]. Inconfundible polo seu tamaño e a forma de orella e trago.

Distribución

Presenta unha distribución irregular, detectándose en diferentes zonas das provincias de Lugo e Ourense e na Península do Morrazo. Polo xeral é unha especie pouco frecuente, aínda que pode chegar a ser localmente abundante.
Comportase como migrador de longas distancias nalgunas das súas poboacións ibéricas, sendo sedentario notras. En Galicia atopáronse femias reproductoras no Courel e no Morrazo, o que fai pensar nunha poboación sedentaria para o noso territorio.

Refuxio

Detectouse ocupando ocos de diferente tipo en árbores caducifolios e edificacións na montaña lucense e atopouse en caixas-refuxio no sur de Galicia. A información dispoñible para outras zonas da Península Ibérica e Europa indica que se trata dunha especie fundamentalmente arborícola.

Hábitat

Especie vencellada a bosques caducifolios con abundancia de árbores vellas. Capturouse desde os 150 msnm no Morrazo ata os 1100 msnm en Ancares.

Ecolocación

Nos seus pulsos domina unha compoñente FC, cunha Fmax característica en torno aos 22-24 KHz. Presentan certo solapamento coas chamadas de Eptesicus serotinus, o que en ocasións fai imposible a asignación específica dalgúns rexistros.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org