Morcego grande [♂♂: peso 21,5 (15,6-28,3) g; lonxitude antebrazo 50,8 (47,7-53,7) mm / ♀♀: peso 26,9 (17,4-31,6) g; lonxitude antebrazo 52,9 (49,7-55,8) mm]. Presenta orellas máis altas que anchas rematadas nunha forma redondeada. O trago é redondeado pero non arriñonado, como en Nyctalus.
Especie amplamente distribuida en Galicia, escasea por riba dos 1000 msnm.
Morcego cun marcado carácter antropófilo, que ocupa habitualmente construcións para refuxiarse, normalmente baixo tellas ou lousas do tellado. Moi frecuente en igrexas.
Como indica o seu nome común, é frecuente en zonas rurais con mosaicos de cultivos, frutais e prados, aínda que pode observarse cazando en zonas dunares, xardíns urbáns e incluso no interior de bosques. Gusta da presenza de gando en réximen extensivo que favorece as poboacións de insectos coprófagos, dos que se alimenta.
Os seus pulsos presentan unha fase FM decrecente seguida doutra fase FC, na que se sitúa a Fmax ao redor de 26-28 KHz. Presenta certo solapamento con N. leisleri, o que en ocasións fai imposible a asignación específica dalgúns rexistros.
Coa colaboración de