Especie de tamaño pequeno [♂♂: peso 8,0 (6,5-9,5) g; lonxitude antebrazo 38,4 (36,6-39,6) mm / ♀♀: peso 10,1 (7,9-11,7) g; lonxitude antebrazo 39,6 (37,4-41,2) mm]. Son característicos o seu morro redondeado, as orellas amplas coas súas insercións frontais moi próximas e a cor escuro e non contrastado da súa pelaxe.
Especie ben distribuida e localmente abundante.
Morcego arborícola, as colonias de cría detectadas utilizaban os espazos que se forman baixo a corteza parcialmente desprendida dos carballos mortos. Os machos refúxianse con frecuencia en fendas de abrigos rochosos. Na hibernación localizouse en construcións e cavidades.
Tal como indica o seu nome común é unha especie eminentemente forestal que adoita cazar en bordes e claros de masas forestais caducifolias.
Amosa dous tipos de pulsos alternantes en torno ós 42 e 34 KHz respectivamente. A facilidade coa que se detecta esta especie e a seguridade coa que se poden asignar os seus pulsos ultrasónicos, fan da análise de ultrasóns un método moi útil para a súa deteción.
Coa colaboración de