Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
  • Rhinolophus ferrumequinum
  • Rhinolophus ferrumequinum

Nome científico

Rhinolophus ferrumequinum

Nome común

Morcego de ferradura grande


Familia

Familia Rhinolophidae


Xénero

Xénero Rhinolophus


Visita o atlas de distribución

Descrición

É o meirande dos rinolófidos galegos [♂♂: peso 18,0 (16,1-21,0) g, lonxitude antebrazo 54,0 (51,7-54,9) mm / ♀♀ peso 20,7 (16,1-28,0) g, lonxitude antebrazo 54,3 (53,4-55,3) mm]. Diferenciase fácilmente doutros rinolófidos polo seu grande tamaño.

Distribución

Especie amplamente distribuida, aínda que non a atopamos nalgunhas comarcas do interior de Lugo.

Hábitat

Adoita cazar aproveitando estruturas lineais de vexetación. Sinálase como fundamental a presenza de gando en extensivo, dado que os escarabellos coprófagos das familias Scaraboidea e Geotrupidae son parte importante da súa dieta.

Refuxio

Utiliza preferentemente construccións humanas durante a cría, nas que adoita formar colonias mixtas con Myotis emarginatus. Aínda que no invierno tamén é posible atopar exemplares en hibernación en cortes e bodegas, as grandes agrupacións invernais atópanse en cavidades.

Ecolocación

Os seus pulsos, como no resto da familia, presentan unha compoñente moi marcada FC ao redor de 82 Khz.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org