Especie de gran tamaño. Ata o momento non se capturou nengún exemplar en man en Galicia, polo que non se dispón de información biométrica. Inconfundible por ser o único morcego da nosa fauna que presenta unha boa parte da cola libre do uropataxio.
Está presente na metade oriental de Galicia, ao sur da liña imaxinaria que une a ciudade de Lugo coa Fonsagrada. No límite setentrional que representa a ciudade de Lugo parece amosar unha presenza estacional durante o verán e outono, retirándose nos meses máis fríos uns quilómetros cara ó sur.
Identificouse un único refuxio para esta especie en Galicia, nunha fenda dun cortado rochoso no val do río Navia. Tamén se atopou un exemplar morto nun viaducto.
Voa e caza a gran altura, polo que non parece influirlle o hábitat más aló das condicións climáticas e a presenza de refuxios apropiados. Non obstante, un traballo realizado na metade norte de Portugal destaca a súa preferencia a cazar sobre zonas arboradas.
É a única especie de morcego en Galicia con pulsos de ecolocación audibles sen necesidade dun detector de ultrasóns. Emite pulsos FQC de gran volume e Fmax en 12-14 KHz, que comezan cunha explosión de enerxía para logo ir esmorecendo.
Coa colaboración de