Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
  • Myotis myotis (Foto de Roberto Hermida)

Nome científico

Myotis myotis

Nome común

Morcego rateiro grande


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de gran tamaño [♂♂: peso 28,5 (27,1-30,4) g, lonxitude antebrazo 58,7 (58,1-60,9) mm / ♀♀: peso 35,0 g, lonxitude antebrazo 59,8 (58,3-61,4) mm]. Únicamente pode confundirse con M. blithy, que amosa una mancha dourada entre as orellas.

Distribución

Únicamente se identificaron tres localidades de cría, aínda que se observaron exemplares dispersos en cavidades e construcións en distintas zonas de Galicia.

Refuxio

Coñécense dous refuxios de cría, en sendas cavidades subterráneas (unha delas unha furna marina). Detectáronse machos e exemplares hibernantes, aillados ou en pequenos grupos, en cavidades e construcións como sobrados e pontes.

Hábitat

Aparece, polo xeral, vencellado a masas forestais, principalmente caducifolias e piñeirais.

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes ós doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) de amplio espectro (70-30 Khz) e curta duración. Ata o momento non é posible a súa identificación a través do análise de ultrasóns.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org