Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio

Nome científico

Myotis emarginatus

Nome común

Morcego de orella fendida


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de pequeno tamaño [♂♂: peso 7,6 (5,1-8,5) g; lonxitude antebrazo 39,0 (36,2-40,2) mm / ♀♀: peso 6,0 g; lonxitude antebrazo 39,6 (37,6-41,7) mm]. Inconfundible pola súa cor castaña, apenas contrastada entre o lombo e o ventre e, sobor de todo, pola conspicua emarxinación na parte exterior da orella.

Distribución

Especie de distribución irregular, sen un claro patrón en Galicia.

Refuxio

Todos os refuxios de cría coñecidos en Galicia son compartidos con R. ferrumequinum ou, nuns poucos casos, con R. euryale. En ocasións pode aparecer unha terceira especie, M. schreibersii. Cría, por tanto, principalmente en edificacións humanas e tamén en cavidades. En hibernación detectouse en cavidades de distinto tipo.

Hábitat

Capturado durante a actividade nocturna en gran variedade de ambientes, desde dunas costeiras ata zonas boscosas por riba dos 1000 msnm.

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes ós doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) de amplio espectro (70-30 Khz) e curta duración. Ata o momento non é posible a súa identificación a través do análise de ultrasóns.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org