Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio

Achégate aos morcegos

Obxectivos

  • Noite de Morcegos impartida por Manu Arzúa

  • Ampliar o coñecemento sobre as especies que viven en Galicia
  • Contribuír á conservación dos morcegos a través de accións directas
  • Fomentar unha actitude positiva cara aos morcegos por parte da poboación xeral.
  • Implicar á poboación no estudo e conservación dos morcegos
  • Formar a aquelas persoas interesadas neste grupo faunístico usando as novas tecnoloxías

Descrición

A pesares de que os morcegos forman parte do segundo grupo de mamíferos máis diverso do mundo e teñen un papel clave como provedores de servizos ecosistémicos, son aínda os grandes descoñecidos para a poboación xeral. Ademais, estes mamíferos voadores gozan de mala fama, con multitude de falsas crenzas que os asocian con persoaxes novelescas e lles outorgan características case sobrenaturais.

Nestes últimos 3 anos temos realizado diversas accións entre as que destacan:

  1. Posta en marcha dun proxecto de Ciencia Cidadá con voluntarios (mais info aquí)
  2. Instalación de caixas refuxio para o morcego de Nathusii
  3. Realización de actividades en centros de ensino de tódolos niveis
  4. Celebración de noites de morcegos
  5. Firma de acordos de custodia para protexer refuxios de morcegos
  6. Realización de cursos de identificación de morcegos polos seus ultrasóns


Patrocinadores

Este proxecto está a ser financiado pola Deputación da Coruña con acordo ás Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades e investimentos no ámbito do medio ambiente.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org