Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio DivulgaciónNoites de morcegos

Noites de morcegos

  • Noite de morcegos Courel 2010
  • Noite de morcegos O Barco 2009
  • Noite de Morcegos Pontevedra 2008

Entre as actividades de divulgación que vimos desenvolvendo, sen dúbida as máis singulares son as noites de morcegos.

En 2008 celebramos por primera vez a Noite Europea dos Morcegos na cidade de Pontevedra, xunto coa asociación Vaipolorío. Desde aquela experiencia son xa varias as noites de morcegos que, ben coincidindo coa celebración europea, ben noutras datas, vimos realizando.

O obxectivo destas actividades nocturnas é achegar ao público o mundo dos morcegos e as técnicas que utilizamos no seu estudo. Deste xeito, facemos observacións de emerxencias á noitiña, aprendemos a escoitar e identificar a actividade dos morcegos polas súas emisións ultrasónicas e, se as circunstancias o permiten, capturamos algúns exemplares para identificalos en man e tomar alguns datos biométricos e fisiolóxicos.

Polo xeral, as noites de morcegos van precedidas con actividades diversas durante a tarde, como construción de caixas-refuxio, charlas, etc.

Noites de morcegos celebradas ata o momento:

  • Noite Europea dos Morcegos 2008 (Pontevedra, con Vaipolorío e Escoitar)
  • Noite dos Morcegos en Pontevedra (2009)
  • Noite dos Morcegos no Barco de Valdeorras (2009)
  • Noite Europea dos Morcegos 2010 (Courel, con Saramaganta)
  • Noite Europea dos Morcegos 2011 (Rábade)


Coa colaboración de

As Pontes de García Rodríguez
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org