Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio FormaciónPrácticas

Prácticas de campo

Becas Pérez Lafuente

  • Familiarizándose coas especies de morcegos
  • Practicando radioseguemento
  • Aprendendo a manipular morcegos
  • Aprendendo sobre outros grupos faunísticos
  • Aprendendo a identificar morcegos
  • Aprendendo a tomar datos biométricos
  • Aprendendo sobre outros grupos faunísticos
  • Preparando o campamento base

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. e Drosera veñen de chegar a un acordo para a convocatoria de becas de prácticas en bioloxía da conservación para estudantes e profesionais do eido ambiental que queiran adquirir experiencia no traballo de campo con especies ameazadas. As prácticas estarán centradas na obtención de datos sobre a presencia de especies e de información sobre a ecoloxía da poboación, relevante para a súa conservación.

Neste ano 2014, as prácticas consistirán en estancias de 15 días ou un mes, nos meses de xuño a agosto, co equipo de Morcegos de Galicia.

Os participantes aprenderán a:
- Utilizar as técnicas básicas para a realización de inventarios de morcegos
- Identificar as diferentes especies de morcegos utilizando caracteres morfolóxicos
- Identificar as diferentes especies de morcegos a partir de rexistros acústicos
- Tomar datos biométricos e fisiolóxicos que aporten información útil sobre a ecoloxía da poboación

Conservas Antonio Pérez Lafuente facilita o importe preciso para que as persoas en prácticas podan desenvolver a súa formación sen coste algún.
Os interesados deben enviar un breve curriculum vitae a info@morcegosdegalicia.org indicando a quincena ou mes na que estarían interesados.



Prácticas de empresa

Drosera participa no "Programa nacional de prácticas en empresas e institucións" que organiza o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Como estudante en prácticas poderás participar nos proxectos que estamos a desenvolver sobor dos morcegos de Galicia, aprendendo diferentes técnicas de estudo, afondando no coñecemento da sistemática e ecoloxía do grupo e colaborando na súa conservación.

Se estudas en calquera das universidades galegas e desexas realizar prácticas de empresa sobor dos morcegos, ponte en contacto con nós.

Traballos académicos

Tamén estamos abertos á realización de traballos académicos, como TAD, TFM, etc.
Ata o de agora realizáronse dúas TFM baixo a codirección de Morcegos de Galicia:

- Estudio del uso del hábitat por Myotis bechsteinii en los montes do Morrazo (UPM)
- Aplicación de la custodia del territorio a la conservación de murciélagos en construcciones (USC).


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org