Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio ProxectosCiencia cidadá

Ciencia Cidadá

Obxectivos

  • Implicar á poboación local no estudo e conservación dos morcegos
  • Ampliar o coñecemento sobre a distribución dos morcegos en Galicia

Descrición

A detección e posterior análise dos ultrasóns que emiten os morcegos permite identificar a moitas das especies galegas, contribuíndo a mellorar o noso coñecemento sobre como se distribúen os morcegos polo territorio. Nos últimos anos popularizouse o uso de detectores de ultrasóns debido á aparición de aparellos máis baratos e sinxelos de usar. A colaboración de voluntarios de toda Galicia permítenos obter un gran volume de datos moi valiosos para completar o atlas de morcegos de Galicia, que é de acceso libre e xa é unha referencia para os traballos realizados no noso territorio.

Como voluntario, podes escoller o teu nivel de implicación no proxecto, dende instalar/recoller detectores prestados e enviarnos os datos obtidos para que nos os analicemos ata usar o teu propio detector e incluso facer a análise dos datos.
Cada ano anunciamos nas nosas rrss cales son as zonas de traballo e realizamos obradoiros para formar voluntarios.
Se queres participar no noso proxecto de ciencia cidadá, escribe a info@morcegosdegalicia.org

Patrocinadores

Este proxecto está a ser financiado parcialmente pola Deputación da Coruña con acordo ás Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades e investimentos no ámbito do medio ambiente.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org