O refuxio é un recurso fundamental para os morcegos. Nel non só descansan durante o día, senón que teñen lugar os partos, a lactancia, o coidado das crías ou a hibernación. Actividades tan diferentes precisan de refuxios ben diferentes, polo que é habitual que os morcegos utilicen distintos refuxios ao longo do ciclo anual; refuxios que deben cumplir unha serie de requisitos de aillamento, temperatura, humidade e tranquilidade.
É posible reproducir artificialmente refuxios para moitas especies de morcegos, ben sexa con fins de estudo, para favorecer a súa presenza en determinados espazos ou para ofrecer refuxio en ambientes nos que este escasea.
Un xeito cotiá de construir refuxios para morcegos é mediante as caixas-refuxio pensadas, principalmente, para especies fendurícolas e arborícolas.
Podes construir as túas propias caixas refuxio utilizando materiais que resistan ben a intemperie, que teñan unha boa inercia térmica e que regulen a humidade interior. Dúas boas opcións son a madeira e o cemento-madeira. Máis abaixo podes descargar as instrucións para construir a túa propia caixa refuxio e apúntase bibliografía e algunhas páxinas web nas que se pode obter información e instrucións para a construción de distintos modelos de caixas-refuxio.
Desde logo, hai moitas tendas que ofrecen caixas-refuxio para morcegos. Especialmente recomendables son as fabricadas por Schwegler en cemento-madeira. Despois de probar diferentes modelos, quedámonos con aqueles que presentan paneis interiores que amplían a superficie para pendurarse e dificultan a ocupación da caixa por paxaros ou himenópteros.
Tamén é posible construir ou adaptar refuxios para especies cavernícolas, como os morcegos de ferradura. Atoparás máis información sobre a costrución e adaptación de refuxios para morcegos en:
Bibliografía:
The bat house builder´s handbook. Publicado por Bat Conservation International (descarga de balde)
Our beacon for bats. Informe de proxecto de adaptación e construción de refuxos realizado por The Vincent Wildlife Trust
Protection of overground roost for bats. Publicado por Eurobats.
Coa colaboración de