Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio ProxectosRede de caixas-refuxio

Rede de caixas-refuxio

Obxectivos

  • Insuas
  • Insuas
  • Insuas
  • Insuas
  • Insuas
  • Insuas
  • Caixas refuxio

  • Avaliar a utilidade das caixas-refuxio como medio para reforzar as poboacións de especies de morcegos ligadas a bosques aluviais e de ribeira en rexeneración.
  • Estudiar a ecoloxía das especies que utilizan as caixas-refuxio.

Descrición

A colocación de caixas-refuxio ven utilizándose desde hai anos como un xeito de ofrecer refuxios alternativos en zonas con escasa dispoñibilidade de refuxios naturais, como as masas forestais de pouca edade e espazos abertos.

Por outro lado, a utilización de caixas-refuxio permite acceder ós refuxios de especies discretas e obter información difícil de conseguir doutro xeito. Con estes dous obxectivos instalamos 120 caixas‐refuxio nas Ínsuas do Miño. A utilización de diferentes tipoloxías de caixas e a súa ubicación en diferentes tipos de hábitat, orientación, alturas, etc., permitirannos coñecer os factores que determinan o éxito na utilización destes refuxios por morcegos. Tamén nos están a permitir obter interesantes datos sobre as especies que utilizan as caixas. Unha destas caixas foi ocupada, en 2010, pola primeira agrupación de cría coñecida en Galicia de Pipistrellus pygmaeus.

Patrocinadores

Estamos a realizar este proxecto con fondos desde que comezou en 2008. Contamos coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, propietaria dos terreos nos que están instaladas as caixas.


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org