Este proxecto axudou a profundizar no coñecemento da comunidade de morcegos do parque natural Fragas do Eume, no que apenas se dispuña de información ó respecto. A utilización dunha combinación de metodoloxías inédita ata entón en Galicia, permitíu identificar 16 especies de morcegos e numerosos refuxios, entre eles refuxios de cría de especies forestais. Caracterizouse, ademáis, de xeito exhaustivo, o microclima interior e o uso que fan os morcegos dos principais refuxios subterráneos do parque. No transcurso deste proxecto identificouse por primeira vez un sitio swarming en Galicia. Un dos resultados máis salientables do proxecto foi a elaboración dunha proposta de xestión encamiñada ao seguemento e conservación das poboacións de morcegos do parque natural.
Fundación Biodiversidad, Reganosa, Xunta de Galicia
Coa colaboración de