A “Asociación DROSERA para Estudo e Conservación do Medio Natural” naceu en Lugo no ano 2004, coa teima de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego. As liñas mestras da nosa actividade son a investigación aplicada, a conservación participativa e a divulgación. Na actualidade, o noso domicilio social está nas Pontes (A Coruña).
Nestes anos realizamos diversos proxectos de conservación e valorización de hábitats e especies ameazadas. Tamén traballamos na difusión da custodia do territorio como ferramenta participativa para a xestión respectuosa do medio, participando activamente na creación da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Máis o enorme descoñecemento existente – aínda hoxe – sobor dos morcegos en Galicia, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións, levounos, desde sempre, a amosar unha especial debilidade por este grupo. Froito deste interese xurdíu, no ano 2008, Morcegos de Galicia, o programa que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización que, sobor dos morcegos, realizamos desde Drosera.
Coa colaboración de