Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio Morcegos en GaliciaInfo das especies

Info das especies

Ata o momento constatouse en Galicia a presenza de 24 especies de morcegos, pertencentes a 10 xéneros e 3 familias diferentes.

Familia Rhinolophidae

Xénero Rhinolophus

O xénero Rhinolophus caracterízase pola forma triangular das orellas, a ausencia de trago e pola excrecencia nasal en forma de ferradura que da nome ó grupo.

Ver máis

Familia Vespertilionidae

Xénero Myotis

O xénero Myotis é o que conta co maior número de especies. A maioría son morcegos de pequeno tamaño e eminentemente forestais. Son fácilmente recoñecibles polo seu trago en forma de triángulo apuntado.

Ver máis

Xénero Pipistrellus

O xénero Pipistrellus inclúe as especies de morcegos máis pequenas da nosa fauna. As orellas son redondeadas e curtas e o trago é máis longo que estreito e o seu contorno é redondeado.

Ver máis

Xénero Hypsugo

Moito se discuteu sobre a validez do taxón xenérico Hypsugo; deste xeito, H. savii inclueuse anteriormente nos xéneros Vespertilio e Pipistrellus. Comparte cos Pipistrellus a forma redondeada e pequena da orella e o trago, ademáis doutros rasgos.

Ver máis

Xénero Nyctalus

O xénero Nyctalus está representado na fauna galega por dúas especies que se caracterizan por posuir unhas ás longas e estreitas, unhas orellas curtas e anchas e un trago de forma arriñonada.

Ver máis

Xénero Eptesicus

O xénero Eptesicus presenta unha única especie en Galicia: E. serotinus.

Ver máis

Xénero Barbastella

O xénero Barbastella presenta unha única especie en Europa e, por tanto, en Galicia: B. barbastellus.

Ver máis

Xénero Plecotus

Os morcegos do xénero Plecotus caracterízanse polas súas orellas desmesuradamente longas - que en repouso adoitan replegar cara a parte posterior - que lles dan o nome común de morcegos orelludos.

Ver máis

Xénero Miniopterus

O xénero Miniopterus ten unha ubicación taxonómica controvertida. Pese a que se incluíu no seu día dentro dunha familia propia, Miniopteridae, hoxendía considerase unha subfamilia de Vespertilionidae. Presenta unha única especie en Europa, M. schreibersii.

Ver máis

Familia Molossidae

Xénero Tadarida

O xénero Tadarida ten un único representante na fauna galega, T. teniotis.

Ver máis

Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org