O acordo de custodia é un pacto de boa vontade entre o propietario e Morcegos de Galicia polo que ambos se comprometen a colaborar na conservación dun determinado refuxio de morcegos.
Os termos dun acordo establécense en función das características e circunstancias de cada refuxio, mediante o diálogo das partes implicadas. Non obstante, deben existir dúas premisas básicas que quedarán recollidas no acordo:
O acordo de custodia concreta e da visibilidade á vontade do propietario e Morcegos de Galicia de colaborar na conservación dos morcegos.
O acordo non posúe implicacións legais, pero sí un forte contido didáctico e de sensibilización. Ó amosar a sensibilidade e preocupación dos propietarios pola conservación dos morcegos cos que conviven, facilita o achegamento a propietarios máis reacios a permitir a presenza de morcegos nas súas casas. Por outro lado, evidencia a utilidade das ferramentas participativas nos programas de conservación de especies ameazadas.
Coa colaboración de