Os parques eólicos convertéronse na primeira causa de mortalidade dos morcegos a nivel mundial. O número de incidencias é superior á das aves e chega a comprometer o futuro dalgunhas especies. A preocupación por este elevado e continuado número de incidencias (en España estimado a principios da década entre 50.000 y 250.000 morcegos mortos anualmente) motivou as alertas dea comunidade científica e deu lugar á elaboración de directrices especiais en numerosos países e por parte de diferentes organismos, entre os que destacan Bats and Wind Energy Cooperative, UNEP/EUROBATS e, en España, SECEMU.Estudos máis recentes sitúan os valores de mortalidade media anual de morcegos en Europa entre 6 e 14 murciélagos/MW de potencia instalada (6-8 en Voigt et al., 2015; 14,2 en Măntoiu et al., 2020). Aplicando os valores medios aos 27446 MW instalados en España (AEE, 2021) e os 3922 MW en Galicia (EGA,2021) a mortalidade anual oscilaría entre 164.676 e 384.244 morcegos para España e entre 23.532 y 54.908 para Galicia.
Desde Morcegos de Galicia estamos a traballar na revisión dos estudos de impacto ambiental dos numerosos parques eólicos que se están a tramitar na actualidade en Galicia e no seu entorno inmediato. Boa parte destes estudos realizáronse sen ter en conta as directrices anteriores, e a pouca calidade dos mesmos impide realizar unha avaliación axeitada do impacto do parque sobre os morcegos.
Co obxectivo de que calquera persoa ou colectivo que estea realizando alegacións a parques eólicos poida coñecer cales deberían ser os contidos e metodoloxías utilizadas no estudo dos morcegos dentro do informe de impacto ambiental e poida presentar as alegaciones pertinentes cando esta parte do estudo non foi correctamente abordada, deixamos a continuación unha serie de recursos.
En primero lugar, pódese consultar o Atlas de Morcegos de Galicia para comprobar que o informe recolle toda a información dispoñible sobre a presencia de morcegos na zona de afección.
Ademais, deixamos enlaces aos documentos que conteñen as directrices que deberán seguirse no estudo dos morcegos nos estudos de impacto ambiental. E tamén unha alegación tipo para utilizar cando as directrices anteriores non son tidas en conta e, por tanto, o estudo carece da calidade precisa esixida pola lei.
Por último, o documento presentado por Morcegos de Galicia á consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia solicitando que se establezan unhas directrices de obrigado cumprimiento que se axusten ao proposto nos documentos de referencia.
Coa colaboración de