Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio

Empresas e Institucións

A protección do patrimonio natural é unha responsabilidade do conxunto da sociedade. As ONL xogamos un papel fundamental como entidades capaces de respostar dun xeito rápido, eficaz e transparente ós novos retos que se plantexan. Pero a nosa actividade non sería posible sen a participación de empresas e institucións pribadas que, conscientes da súa responsabilidade neste ámbito, canalizan o seu compromiso a través da colaboración nos nosos proxectos e actividades.

A colaboración con Morcegos de Galicia aportará á túa empresa ou institución:

  • Concreción e visibilidade da súa responsabilidad social en materia ambiental.
  • Mellora da súa imaxe corporativa, como entidade comprometida co medio ambiente.
  • Reforzo do seu vínculo co territorio e o público para o que desenvolve a súa actividade.

Como empresa ou institución, podes colaborar con Morcegos de Galicia:

  • Apadriñando morcegos: O apadriñamento é un acto simbólico que non está vencellado a un exemplar ou poboación concreta. O importe económico da colaboración destinarase a algún dos proxectos en marcha. A tú empresa ou institución será informada do proxecto ao que se destina e do seu desenvolvemento.
  • Financiando un proxecto: Se o que desexas é contribuir a financiar específicamente algún dos proxectos que temos en marcha neste momento.

Contacta con nós


Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org