Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

Do  06-11-2020  ao  07-11-2020

Iniciación ao estudo acústico dos morcegos


Dous días intensos para iniciarse na detección acústica, grabación e análise de arquivos sonoros de morcegos.
Un curso que combina teoría e práctica para sacar todo o partido ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no estudo dos morcegos
Falaremos da ecoloxía acústica das especies galegas e realizaremos prácticas con diferentes detectores e programas de análise de ultrasóns.
Os alumnos adquirirán as competencias básicas para enfrontarse a estudos de faunística e seguimento de poboacións de quirópteros mediante técnicas acústicas.

ONDE?

No local do Grupo Naturalista Hábitat (Rúa Camariñas, 8, 15002 A Coruña).

PREZO

150€ a inscrición xeral
75€ para desempregadas, estudantes e socias do GNHábitat
*O prezo só inclúe a asistencia ás sesións teóricas e prácticas; a comida e o aloxamento corren por conta das participantes!

PROGRAMA

VENRES 6 DE NOVEMBRO
16.00-16.30 Benvida, presentación e aspectos xerais do curso.
16.30-17.30 Os morcegos de Galicia: anatomía, ecoloxía, uso do hábitat, as especies e a súa distribución.
17.30-18.00 Métodos de estudo dos morcegos: cal é o máis útil para o que quero facer?
18.00-18.30 Pausa para café.
18.30-20.00 Ecoloxía acústica: como e para que usan os morcegos o son.


SÁBADO 7 DE NOVEMBRO10.00-11.00 Detección e identificación acústica.
11.00-12.00 Práctica de detección acústica.
12.00-12.30 Pausa para café.
12.30-14.00 Introdución á análise informática dos ultrasóns.

14.00-15.30 Pausa para o xantar.

15.00-17.00 Práctica de análise de ultrasóns cos programas Sonobat e Kaleidoscope.
17.30-18.00 Pausa para café.
18.00-19.00 Deseño de amostraxes acústicas.
19.00 Despedida e entrega de diplomas.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org