Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Hypsugo savii (Foto de Roberto Hermida)

Nome científico

Hypsugo savii

Nome común

Morcego montañeiro


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Hypsugo


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de pequeno tamaño [♂♂: peso 7,6 (6,5-8,6) g; lonxitude antebrazo 34,0 (31,8-36,0) mm / ♀♀: peso 9,9 (7,9-12,2) g; lonxitude antebrazo 35,4 (34,7-36,7) mm]. Destaca o contraste na cor da súa pelaxe, entre o marrón escuro da parte dorsal e o branco crema da ventral. As tres últimas vértebras da cola sobresaen do uropataxio.

Distribución

É abundante nas áreas montañosas de Lugo e Ourense, baixando polo Miño ata altitudes próximas ó nivel do mar. Detectouse tamén nas illas Cíes.

Refuxio

Non se identificou nengún refuxio ocupado por esta especie. A información dispoñible indica que ocupa todo tipo de fendas rochosas en escarpes.

Refuxio

Capturouse por riba dos 1800 msnm en Ancares e case a nivel do mar no baixo Miño e nas illas Cíes. Parece estar vencellado a zonas de orografía complexa nas que abundan os escarpes rochosos que lle serven de refuxio.

Ecolocación

Os pulsos caracterízanse por unha fase inicial FM decrecente que continúa nunha longa fase FC, na que atopamos a Fmax, en torno ós 34 KHz.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org