Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Nyctalus lasiopterus (Foto de Roberto Hermida)

Nome científico

Nyctalus lasiopterus

Nome común

Nóctulo xigante


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Nyctalus


Visita o atlas de distribución

Descrición

Non só é o morcego máis grande da fauna galega, senón que tamén é o máis grande de Europa [♂♂: peso 49,2 g; lonxitude antebrazo 64,9 mm]. Inconfundible polo seu enorme tamaño e a forma de orella e trago.

Distribución

Capturouse nas serras de Ancares, O Rañadoiro e O Xurés, así como no curso alto do río Támega. Realizáronse grabacións de ultrasóns que poderían pertencer a esta especie en zonas dispares de Galicia, como o curso medio do Miño ou a serra da Faladora.

Refuxio

Coñécese un único refuxio da especie nun burato de pícido na serra do Rañadoiro. A información dispoñible para outras zonas da Península Ibérica e Europa indica que se trata dunha especie fundamentalmente arborícola.

Hábitat

Especie aparentemente vencellada a bosques caducifolios con abundancia de árbores vellas, aínda que polo momento a información da que dispoñemos para a especie en Galicia é insuficiente.

Ecolocación

Nas súas chamadas de ecolocación domina a compoñente FC, cunha Fmax característica en torno ós 16-18 KHz. Non pode diferenciarse con seguridade de Nyctalus noctula mediante o análise de ultrasóns.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org