Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Miniopterus schreibersii (Foto de David Graña)

Nome científico

Miniopterus schreibersii

Nome común

Morcego das covas


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Miniopterus


Visita o atlas de distribución

Descrición

Especie de tamaño mediano [só dispoñemos de información biométrica para os ♂♂: peso 12,2 (11,1-13,0) g; lonxitude antebrazo 45,6 (43,9-46,7) mm]. Os Miniopterus teñen un aspecto xeral redondeado, ó que contribúen as súas orellas, moi curtas, e o seu fociño, apenas prominente.

Distribución

Aparece principalmente na metade oriental de Galicia, cunha única localidade coñecida na fachada atlántica. É un migrador rexional que detectamos únicamente na época de cría, sen que dispoñamos de información sobre os cuarteis de inverno.

Refuxio

É a única especie exclusivamente cavernícola da nosa fauna quiropterolóxica. A meirande parte da población atópase vencellada ás escasas zonas con presenza de cavidades naturais de Galicia, ocupando indistintamente covas ou minas. Debido aos seus estritos requerimentos cavernícolas e ao seu elevado gregarismo, é moi sensible á perda de refuxios. A maior agrupación coñecida en Galicia supera os 3000 exemplares adultos.

Hábitat

Non existen moitos datos sobre a seleción de hábitat desta especie. Capturouse durante a súa actividade nocturna no val do río Lóuzara, Ancares e na serra do Xurés.

Ecolocación

Os pulsos ultrasónicos desta especie son moi semellantes aos de P. pygmaeus, do que se pode diferenciar polas características chamadas sociais deste último e pola cadencia dos pulsos de ecolocación.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org