Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Rhinolophus euryale
  • Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus euryale

Nome científico

Rhinolophus euryale

Nome común

Morcego de ferradura mediterráneo


Familia

Familia Rhinolophidae


Xénero

Xénero Rhinolophus


Visita o atlas de distribución

Descrición

Talla intermedia entre R. hipposideros e R. ferrumequinum [♂♂: peso 10,4 (7,9-11,5) g, lonxitude antebrazo 46,9 (45,5-48,9) mm / ♀♀: peso 10,1 (9,4-10,5) g, lonxitude antebrazo 47,0 (46,5-47,6) mm]. Diferenciase de R. ferrumequinum polo seu tamaño, máis pequeno, a tonalidade máis alaranxada na pelaxe e, sobre todo, pola alongación da parte superior da “cadeira” cartilaxinosa do nariz. Durante a hibernación e o descanso adoptan de cotío unha postura característica, pendurando dunha soa pata.

Distribución

Amosa unha distribución máis puntual que os seus conxéneres e ligada, principalmente, ás zonas máis térmicas.

Hábitat

Ó igual que R. hipposideros e R. ferrumequinum é un cazador de terreos arborados, evitando no posible os terreos abertos.

Refuxio

Aínda que se describe como unha especie cavernícola, en Galicia adoita criar en construccións humanas. Non obstante, durante a hibernación formanse grandes concentracións en cavidades.

Ecolocación

Os seus pulsos, como no resto da familia, presentan unha compoñente FC moi marcada, ó redor dos 105 Khz, solapándose en ocasións ó rango de frecuencias de R. hipposideros.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org