Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Myotis alcathoe (Foto de Roberto Hermida) (Foto de Roberto Hermida)
  • Myotis alcathoe e Myotis mystacinus (Foto de Roberto Hermida)

Nome científico

Myotis alcathoe

Nome común

Morcego bigotudo pequeno


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Myotis de pequeno tamaño [♂♂: peso 4,2 (4,2-4,3) g, lonxitude antebrazo 32,2 (31,6-32,8) mm ♀♀: peso 4,9 (4,4-5,7) g, lonxitude antebrazo 32,2 (31,6-33,1) mm]. Especie semellante ao morcego bigotudo, do que se diferencia pola coloración máis clara na base das orellas e o trago, o seu menor tamaño e por unha coloración máis parda da pelaxe.

Distribución

Coñécese moi pouco desta especie, descrita recentemente. En Galicia capturáronse exemplares nas serras de O Courel, Ancares e o curso medio do río Eume.

Refuxio

É un morcego arborícola, que busca refuxio en pequenas oquedades en árbores, a cotío, de escaso porte.

Hábitat

En Galicia atopouse movéndose sobre pequenos cursos de auga en vales con abundante bosque caducifolio, por riba dos 300 msnm.

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes aos doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) de amplo espectro (70-30 Khz) e curta duración. Ata o momento non é posible a súa identificación a través da análise de ultrasóns.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org