Drosera Facebook
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

  • Myotis escalerai (Foto de Roberto Hermida)
  • Myotis escalerai (Foto de Roberto Hermida)

Nome científico

Myotis escalerai

Nome común

Morcego gris ibérico


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de pequeno tamaño [♂♂: peso 5,9 (5,0-7,0) g, lonxitude antebrazo 37,5 (34,5-39,2) mm / ♀♀: peso 6,8 (5,7-7,4) g, lonxitude antebrazo 39,0 (37,4-40,5) mm]. Recentemente diferenciado de Myotis cf nattereri baseándose en criterios moleculares. A coloración dorsal é grisácea mentres que a ventral é máis clara, notándose un marcado contraste. O seu espolón en forma de S fai que só poda confundirse con Myotis cf nattereri (M. spA) do que se diferencia pola morfoloxía da franxa de pelos no borde libre do uropataxio.

Distribución

Ben distribuido en Galicia, chega a ser localmente abundante.

Refuxio

Todas as colonias de cría localizadas en Galicia ocupan ocos en edificacións humanas de distinto tipo. No inverno detectouse en pequenos orificios de cavidades subterráneas.

Hábitat

En Galicia aparece asociado principalmente a masas forestais e mosaicos agrícolas, aínda que se detectou tamén en zonas abertas, como complexos dunares.

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes aos doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) - que nas especies do grupo “nattereri” acada o máis amplo espectro dos Myotis galegos (110-20 Khz)- e curta duración.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org